Alberto Iglesias Lorenzo
Vigo, 1980
Licenciado en Belas Artes. Facultade de Pontevedra. 2006
Pintei ata que non foi divertido.
Pintei un pouco mais ata que foi certamente doloroso.
Ao chegar aos 35 deixamos de ser artistas xoves,
foi liberador.
Lorena acompañoume ata Corrubedo cando estaba a preparar aquela mostra.
Prometinlle a Lorena que volvería pintar cando o fixese tamén ela.
Así sempre teremos a opción de botarlle a culpa ao outro.
Invítovos a acompañarme no meu proceso en Pixelfed https://pixelfed.social/albesias









